Taberna do Celta

Taberna do Celta
★★★★
Dirección: Amor Ruibal 7
Población: 36203 Vigo
Tel.: 886137550
web.: historiadoceltadevigo​.net

Contactar

Cervexería - Museo - Tapería

A Taberna do Celta, é un local de ambiente celtista, totalmente diferente a calquera outro local de hostalería en Vigo. É un local temático, único na cidade, onde poder pasar unha tarde cos amigos, tomando unhas tapas caseiras acompañado de bos caldos de viño ou grandes cervexas galegas e tamén de importación, e contemplando a colección privada mais importante da historia do Real Club Celta de Vigo.

O local esta ambientado con música tradicional galega durante gran parte do día, mentres nas súas pantallas pódense visualizar partidos ou documentais históricos sobre o Celta e tamén sobre a nosa cidade e a nosa terra.

A súa cociña tradicional galega, ofrece unha gran variedade de tapas, pasando polos produtos da horta, do mar, e dos pastos galegos, ata chegar a repostería caseira onde os seus doces, non deixan indiferente a ninguén.

Podedes descansar nas súas terrazas, tanto a exterior como a que temos no interior do local, nuns xardíns que acompañan a tranquilidade e descanso, e onde poden xogar os nenos sen medo a que podan extraviarse. A terraza interior esta cuberta para protexer os nosos clientes da choiva en inverno. Na época estival, o local queda aberto totalmente a rúa cas súas fiestras abatibles para o gozo dos seus clientes nun ambiente único de relaxación.

Temos 2 pantallas interiores de 60" e unha pantalla na terraza interior que principalmente temos instalada para os días de partido, cando o tempo climatolóxico acompaña.

A Taberna tamén ofrece espectáculos como son os monólogos, os tupper-sex mixtos para homes e mulleres, festas populares de orixe celta como o Samaín ou o May-Day (con decoración temática), e xuntanzas celtistas acompañadas de gaiteiros e pandereteiras con música tradicional galega.

Todos os xoves a Taberna celebra o xoves anti-crise, con prezos populares en bebidas e tapas a 1€, para que os nosos clientes podan degustar as variedades da nosa cociña tradicional.

As noites da Taberna tamén son un reclamo para aquelas persoas que gusten dun local que o chegar a media noite, cambia o seu decorado, pasando da cervexería-tapería da tarde, a un pub celtista con luz tenue e música actual pola noite ata as 02:00hs, onde pódense degustar os cócteis da casa e as copas a prezos populares, todos os xoves, venres e sábados.

Os días de fútbol cando xoga o noso equipo, principalmente nos partidos de fora da casa, o local pasa a transformarse nunha bancada mais do Estado de Balaídos, creando un ambiente celtista inigualable na cidade, con centos de persoas unidas por una soa cor e alentando ao equipo como se dende o mesmo Estadio se tratara.

Recordámoslle os nosos clientes que os días que xoga o Celta e de eventos especiais, cóbranse as consumicións no momento de ser servidas, polo tanto agradecemos a vosa colaboración e comprensión para facilitar a labor dos nosos empregados.

Pechamos os "luns" por descanso do persoal.
Horario de Verán, de 19hs. a peche. De Martes a Domingo. (01-05 a 30-09)
Horario de Inverno, de 18hs. a peche. De Martes a Domingo. (01-10 a 30-04)
Abrimos 1 hora antes de calquera partido oficial do Celta, fora destes horarios.





Imágenes

Últimas publicaciones

Si quieres recibir información de esta empresa en tu móvil o tablet descárgate TokApp gratuitamente en tu iPhone o Android, busca esta empresa y usa el botón Suscribirme.

Mapa

Comentarios

Agregar comentario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y su experiencia de navegación. Si sigue navegando, entendemos que acepta su uso. Más información